Antonio Odriozola
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1911 Vitoria, España |
Morte | 7 de decembro de 1987 (76 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | bibliógrafo, ensaísta |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Casalderrey Blanco |
Fillos | Non tivo |
Premios | |
Antonio Odriozola Pietas, nado en Gasteiz o 1 de xuño de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1987,[1] foi un bibliógrafo, investigador e erudito vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Victoriano Odriozola Egaña, director da Granja Modelo de Gasteiz. Fixo o Bacharelato na súa cidade natal e estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Compostela. Despois da Guerra Civil española empezou a centrarse na bibliofilia e en 1964 estableceuse en Pontevedra. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Colaborou en Faro de Vigo e na Revista do Museo de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado con Dolores Casalderrey Blanco, non tiveron descendencia. Morreu atropelado polo trolebús que cubría a liña Pontevedra-Lérez.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Algunos problemas bibliográficos que plantean las obras de Nebrija (1945)
- Camelias en Pontevedra (1974)
- Ediciones incunables de Diego de Muros (1975)
- Bibliografía de Luis Seoane (1979)
- La imprenta en Vigo (1980)
- Vigo en su historia, xunto con Fernando Acuña Castroviejo, Xosé María Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide Pardo et alii (1980)
- Alegrías y tristezas de la investigación sobre impresiones españolas de los siglos XV y XVI (1986)
- Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX (1989)
- Historia de la imprenta en Galicia, xunto con con Xosé Ramón Barreiro (1992)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antonio Odriozola, bibliógrafo". El País (en castelán). 10 de decembro de 1987.
- ↑ "Un hombre del Renacimiento". La Región (en castelán). 10 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Odriozola Pietas, Antonio", artigo na Gran Enciclopedia Galega.